Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2012/234-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte-Parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTA/S, CT e RBT Fiolledo-A Salgosa.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 94 metros de lonxitude, con orixe no apoio 8 da LMT Fiolledo-Corzáns e final no apoio proxectado C-4500/22 L-3, do cal continúa subterránea con condutor RHZ1 425 metros e finaliza no CT proxectado. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado no lugar da Salgosa, Fiolledo, Salvaterra de Miño. Redes de baixa tensión aéreo-subterráneas cunha lonxitude total de 790 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra