Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39625

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola que se adoptan varios acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 10 de outubro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de decembro de 2011 (DOG número 240, do 19 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar a totalidade das reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Segundo. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

María del Mar Pousa Cobas
Presidenta do tribunal