Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39623

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012, do tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 (DOG núm. 241, do 20 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, pola que se dá publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

O tribunal, de conformidade co disposto na base IV.2. da convocatoria publicada no DOG número 144, do 28 de xullo de 2011,

acordou:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De acordo coa dita base, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base.

Segundo. Elevar a devandita relación á Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que os aspirantes que figuren nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Terceiro. Contra esta resolución, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2012

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal

Anexo
Acceso libre

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Base I.1.3.

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

32787827-Q

Anula Rodríguez, Carlos María

--

14,90

14,25

12,60

Exento

41,75

2

47361723-P

González González, Eva Laura

--

10,90

14,70

14,95

Exenta

40,55

3

44479543-G

López Yebra, Ana

--

14,00

13,10

12,10

Exenta

39,20

4

32687770-D

Luaces Monjardín, Paula

--

12,18

12,23

13,80

Exenta

38,21

5

76367976-H

Santos Miñones, María Esther

--

12,90

13,30

11,65

Exenta

37,85