Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39488

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 9 de abril de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, promovidos polos concellos e mancomunidades de concellos, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2012-2013.

As bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2011-2013, promovidos polos concellos e mancomunidades de concellos (DOG nº 77, do 23 de abril de 2012), prevén (II. Normas específicas para cada medida. Medida 321. Servizos básicos para a economía e a poboación rural. 2 Actividades subvencionables, punto 2.3) que «...as instalacións de enerxía solar fotovoltaica poderán ser illadas ou conectadas á rede; neste último caso, acollidas á modalidade de subministración de enerxía eléctrica con balance neto».

No día de hoxe non foi desenvolvida normativamente, como era inminente no momento da redacción das bases reguladoras, a modalidade de balance neto.

Estando rematada a selección de proxectos aprobados e sendo moitos os que se acolleron á modalidade antes citada, co obxecto de favorecer a execución de proxectos de indubidable interese para o aforro enerxético dos concellos promotores e non atrasala ou impedila, cómpre modificar o punto 2.3 mencionado no primeiro parágrafo, que quedaría redactado do seguinte xeito:

«2.3. Proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse ao uso da enerxía solar fotovoltaica ou térmica en cubertas de instalacións municipais ou pérgolas dunha altura mínima de 2 metros con utilidade funcional ademais da de soportar os paneis. As instalacións de enerxía solar fotovoltaica poderán ser illadas ou conectadas á rede; neste último caso, acollidas á modalidade de subministración de enerxía eléctrica con balance neto, ben que, mentres esta non se regula normativamente, os proxectos presentados baixo esta modalidade se aprobarán baixo a modalidade de autoconsumo, sen prexuízo de que unha vez regulada a de balance neto poidan ampararse nela».

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural