Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (188/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 188/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilce Rosana Calcagno de Szabo, contra a empresa Ana Vanessa Brea Santos e o Fogasa sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza o 10.9.2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Emilce Rosana Calcagno de Szabo fronte á empresaria Ana Vanesa Brea Santos e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 8.829,56 euros en concepto de salarios de maio a decembro de 2009, xaneiro de 2010 e vacacións devindicadas e non gozadas do ano 2010.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ana Vanessa Brea Santos, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

A secretaria xudicial