De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega os acordos de iniciación recaídos nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º.d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio de 2009).
Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles, contados desde a publicación, para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º, Ourense.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Ourense, 27 de setembro de 2012
Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-251/12.
NIF: 76716715P.
Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.
Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).
Establecemento: Ozono.
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Número de expediente: OU-E-253/12.
NIF: 76716715P.
Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.
Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).
Establecemento: Ozono.
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.
Número de expediente: OU-E-254/12.
NIF: 76716715P.
Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.
Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).
Establecemento: Ozono.
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.