Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica de la Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación da xestión do servizo público, na modalidade de concesión denominado punto de encontro familiar de Santiago de Compostela, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.A. 56/2012.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concesión, denominado punto de encontro familiar de Santiago de Compostela.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 138.800 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 27.8.2012.

b) Contratista: Asociación Punto de Encontro.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 104.471,59 € (IVE exento).

2. Contratación coa Universidade de Santiago de Compostela dun contrato administrativo especial para o servizo de monitorización do comportamento das personas maiores que viven soas (MIAVIZOR) nas zonas rurais e mantemento do servizo, polo procedemento negociado sen publicidade (exclusividade) e tramitación ordinaria.

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.N. 60/2012.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: servizo de monitorización do comportamento das persoas maiores que viven soas (MIAVIZOR) nas zonas rurais e mantemento do servizo.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

2.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 791.500 € (IVE incluído).

2.5. Formalización:

a) Data: 14.9.2012.

b) Contratista: Universidade de Santiago de Compostela.

c) Nacionalidad: española.

d) Importe de adjudicación: 811.622,88 € (IVE incluído conforme a variación introducida polo Real decreto lei 20/2012, na Lei 37/1992, do imposto sobre o valor engadido).

3. Contratación administrativa da xestión dun servizo público na modalidade de concesión, denominado xestión e dirección da escola infantil 0-3 San Paio, da Xunta de Galicia en Vigo, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

3.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: P.A. 66/2012.

3.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión e dirección da escola infantil 0-3 San Paio, da Xunta de Galicia en Vigo.

3.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

3.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 540.000 € (IVE exento).

3.5. Formalización:

a) Data: 17.9.2012.

b) Contratista: Aurora, Pilar y Ana, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 357.070,04 € (IVE exento).

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar