Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 179/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT As Fontiñas-Polígono 4.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,773 km, coa orixe na subestación de San Caetano e remate no CT Concheiros (expediente IN407A 211/2012), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,967 km, coa orixe e remate nos empalmes que se van realizar na LMTS SCY805 entre o CT Súarez-Noia (expediente 30.283), unha vez entre e saia dos tres CT proxectados, en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al).

Centro de transformación prefabricado polígono 4-nº 3, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centro de transformación prefabricado polígono 4-nº 1 e nº 2 , cunha potencia de 800 (2×400) kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña