Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que se describen no concello de Cotobade (expediente IN407A 2012/112-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS, CT A Cuqueira.

Situación: Cotobade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 922 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 (paso aéreo-subterráneo) intercalado entre os apoios 9 e 10 da LMTA derivación a Corredoira e final no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/420 V, situado na Cuqueira, Carballedo, concello de Cotobade. Retensado do van aéreo, 105 metros de condutor LA-56, entre o apoio 9 e o proxectado e tendido de 54 metros entre este último e o apoio 10.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 2 de xullo de 2012, no BOP do 3 de xullo de 2012, no xornal Faro de Vigo do 14 de xuño de 2012 e no taboleiro de anuncios do Concello de Cotobade. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data 23.7.2012 Olga Sofía Antelo Pan presenta un escrito de alegacións propoñendo que o apoio previsto na fronte do seu predio sexa eliminado, soterrando o dito tramo da liña ou cambiándoo máis ao norte, con obxecto de afectar o mínimo posible o predio.

A empresa contesta que a primeira das opcións resulta demasiado custosa e que, ademais, non se evitaría a servidume sobre a propiedade. En canto ao desprazamento do apoio, levarase o máis ao norte posible dentro da súa propiedade, de acordo coa alegante, satisfacéndoa así na súa última petición.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 1 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra