Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/70-2, 8039 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: modificado de proxecto para CS para subministración eléctrica en Biduiera estrada Sargadelos a San Cibrao.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

– Desprazamento dun tramo da LMTS cunha lonxitude de 12 metros, con orixe no CS proxectado e final no CTC (13614) Vivendas Sociais Cervo.

– LMTS a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio da LMT Espiñeirido e final no CS proxectado, cunha lonxitude de 32 metros en condutor tipo RHZ-240.

– LMTS a 20 kV, con orixe no CS proxectado e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio da LMT Espiñeirido, cunha lonxitude de 32 metros en condutor tipo RHZ-240.

– CS en edificio prefabricado tipo PFU-4, no cal se instalan tres celas de liña, unha de servizos auxiliares e unha de protección homopolar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo