Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2012/ 79-2, 8047 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma OCR 12299 Áspera.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

– Adecuación do centro de control existente OCR 12299 Áspera, consistente na instalación dunha nova cela de interruptor pasante motorizada e a recolocación de cinco das sete celdas que integran actualmente o centro; adécuanse tamén as liñas que entran e saen do centro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo