Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a resolución do recurso de alzada interposto nos expedientes IN635B 2005/114-1 e IN635B 2008/119-1.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Comunidade de Propietarios, Edif. Paseo do Tambre, fase I e fase II.

Último domicilio coñecido: rúa do Portiño, 25-27, portal 4, 1º D, 15888 Sigüeiro, Oroso (A Coruña).

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.

Expedientes: IN635B 2005/114-1 e IN635B 2008/119-1.