Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2012 Páx. 39538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2002/0476-4).

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia (paralizado o 8.10.2002), ao ter entrada no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo copia da sentenza xudicial recaída no procedemento abreviado 163/2012, polo accidente laboral do traballador Antonio Pérez Mo.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificantes da notificación (2.8.2002 e 27.9.2002).

– Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que consideren pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2002/0476-4.

Acta nº: 969/2002.

Empresa: Ricardo García Campos.

NIF: 35296933-Y.

Enderezo: rúa do Covento, s/n, Cuntis.

Vigo, 25 de setembro de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo