Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (206/2012).

Nº dos autos: procedemento ordinario 206/2012.

Demandante: José Luis Guerra Pazos.

Avogado: José Manuel Pérez Nieves.

Demandados: Comercial Soferpe, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 206/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Guerra Pazos contra a empresa Comercial Soferpe, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Guerra Pazos contra a empresa Soferpe, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Soferpe, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.444,77 €, polos salarios devindicados e non aboados durante os meses de xaneiro e febreiro de 2011 e liquidación; así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

A secretaria xudicial