Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (218/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento 218/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«A Coruña, o vintecatro de setembro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 218/2012 seguidos por instancia de José Manuel Nogueira López, que comparece asistido da letrada Sra. Abella Aguiar, contra a empresa As Torres, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Incogal, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Freixomil, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Distinción en Catering, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, versando a litis sobre despedimento.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Nogueira López, que comparece asistido da letrada Sra. Abella Aguiar, contra a empresa As Torres, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Incogal, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Freixomil, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Distinción en Catering, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento con condena das empresas As Torres, S.L., Incogal, S.L. e Distinción en Catering, S.L., a que readmitan inmediatamente ao trabajador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento de 22.329,64 euros en concepto de indemnización. Ademais, calquera que sexa o sentido da opción, as codemandadas terán que aboarlle ao Sr. Nogueira, unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir, a razón de 49,92 €/día, desde a data do despedimento (9.1.2012) ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se opte, entenderase que procede a readmisión.

Absólvese a empresa Freixomil, S.L. de todos os pedimentos da demanda contra ela dirixidos.

Segundo. Así mesmo, estimándose a reclamación de cantidade efectuada por José Manuel Nogueira López, que comparece asistido da letrada Sra. Abella Aguiar, contra a empresa As Torres, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Incogal, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Freixomil, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, Distinción en Catering, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, debo condenar e condeno a As Torres, S.L., Incogal, S.L e Distinción en Catering, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 8.788,55 euros, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma ás mercantís As Torres, S.L. e Incogal, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

A secretaria xudicial