Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 446/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 446/2010, seguido neste xulgado, por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza deste reforzo, se ditou auto aclaratorio de sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Que debe aclararse o ditame da sentenza de data do 31 de xullo ditada nos presentes autos, quedando do seguinte teor literal:

Ditame.

Que, estimando a demanda formulada por Susana Pereira Carballo, representada polo seu letrado Sr. Fernández Xesta e contra as empresas Ve-Gal Reformas Integrales, S.L., que comparece asistida do seu letrado Sr. Romero Alborés, e contra Ambientes Coruña, S.L., que non comparece no acto do xuízo malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, desistida a demanda respecto de Ve-Gal Reformas Integrales, S.L., debo condenar e condeno a demandada Ambientes Coruña, S.L. a aboar á Sra. Pereiro a cantidade de 1.887,16 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e no artigo 267.7 da LOPX.

Así, por este auto, pronúnciao, mándao e asínao, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña. Dou fe».

E, para que así conste, e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expedido a presente na Coruña.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

A secretaria xudicial