De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.
Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López, e os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
De conformidade co establecido no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á titular da Xefatura de Servizo de Turismo da Coruña.
A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo, de conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegaren ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.
A Coruña, 1 de outubro de 2012
Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: AC-140/12.
Denunciado: Jacobo Núñez Taboada.
NIF: 53301999-M.
Establecemento: discoteca My Paff.
Domicilio: rúa Doctor Martínez Pardo, 58.
Localidade: Curtis.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b), da Lei 7/2011.
Incoación: 18 de setembro de 2012.
Sanción: multa de douscentos euros (200 €).