Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de outubro de 2012 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa de orde de demolición (expediente 84.2/95 B).

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 6 de setembro de 2012, ditou, por substitución da directora da Axencia, resolución mediante a que se apercibe a Mª Luisa Rey Vidal da execución forzosa da resolución recaída no expediente número 84.2/95 B, pola que se lle ordenou devolver os terreos ao estado anterior á execución das obras de construción dun alpendre, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Ximeliño, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística