Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de setembro de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU1/4/2011-R1.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Josefa Prieto Fernández, no expediente número IU1/4/2011-R1, en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de marzo de 2012, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas actuacións consistentes en plantación de eucaliptos no lugar de Aldrá e Chousa da Granxa, parroquia de Rodieiros, no termo municipal de Boimorto, provincia da Coruña.

O expediente mencionado está á disposición da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispoñerá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulgue procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística