Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39323

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da APR-A-5-31 Poulo (expediente 11483/411).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 27 de xullo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior da APR A-5-31 Poulo, de iniciativa municipal, consonte a documentación elaborada por Marta Vilas Rodríguez, datada en xullo de 2012.

Segundo. Ordenar a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e notificar de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.

Durante o mesmo prazo solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación inicial e a apertura do período de información pública na páxina da internet municipal, así como os documentos integrantes do Plan especial de reforma interior da APR A-5-31 Poulo.

Vigo, 11 de setembro de 2012

P.D. (Resolución do 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo