Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre almacén frigorífico e procesamento de peixe e cefalópodos nunha nave en Bouzas (expediente 39291/422).

Galiciamar, S.A. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a legalización de licenza de actividade para almacén frigorífico e procesamento de peixe e cefalópodos, na nave situada en Bouzas-Servizos Portuarios (TR) (expediente 39291/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 13 de setembro de 2012

P.D. (Resolución do 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo