Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico (expediente 5050/401).

Con data do 4 de setembro de 2012 foi subscrito nas dependencias municipais do Concello de Vigo o Convenio urbanístico de xestión para a cesión anticipada de terreos no sector de solo urbanizable delimitado S-23-R Parrocha B do PXOM de Vigo para a execución da obra de mellora e acondicionamento do acceso existente no p.q. 5+000 da autovía A-55, con expresa reserva do aproveitamento urbanístico a favor dos seus propietarios.

Unha vez subscrito, sométese ao trámite de información pública por un período mínimo de vinte días mediante a inserción dun anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral, no departamento municipal de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo (praza do Rei, s/n), das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e para a presentación de cantos documentos ou alegacións se consideren pertinentes.

Vigo, 6 de setembro de 2012

(Resolución do 13.7.2012)
Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo