Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 22 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria de Piñeiro (Xermade) ao Concello de Xermade.

O acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro (Xermade) foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias o 22 de xullo de 2003, foi publicado na forma legalmente prevista na lexislación vixente e encóntrase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos o Concello de Xermade solicita a cesión da titularidade dos predios que se indican a continuación:

Predio nº 32, de 430 m2, para área recreativa ao localizarse nel a fonte pública da Cerveira.

Predio nº 166, de 3.100 m2, para aparcadoiro, zona de lecer e mellora do local social da Ladrela.

Predio nº 203, de 1.315 m2, pola existencia nel dun depósito de auga de uso agroforestal.

Predio nº 435, de 1.159 m2, para aparcadoiro, zona de lecer e mellora do local social da Panda.

Visto o informe favorable da Xunta Local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións legais vixentes de aplicación ao caso.

En vista de que o destino para o que se solicitan os predios nº 32, 166, 203 e 435, é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral:

RESOLVE:

1) Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro (Xermade) e adxudicar ao Concello de Xermade a titularidade dos predios nº 32, 166, 203 e 435, que causan baixa no Fondo de Terras da zona, co fin de seren destinados aos fins indicados na parte expositiva da presente resolución.

2) En caso de incumprimento dos fins para os que son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao Fondo de Terras da zona, ao patrimonio da comunidade autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicada esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de setembro de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo