Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4495/2012 interposto por José Manuel Lado Fernández, en nome e representación de Telecidade, S.A., contra o Decreto do 29 de marzo de 2012, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e contra Resolución do 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se executa e desenvolve a disposición transitoria primeira do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012
Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios