Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4510/2012, interposto contra o Decreto do 29 de marzo de 2012, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4510/2012 interposto por María Fara Aguiar Boudín, en nome e representación de Capelu Audiovisuais, S.L. contra o Decreto do 29 de marzo de 2012, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios