Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de setembro de 2012, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de amarre para embarcacións deportivas nas instalacións náutico-deportivas do porto de Laxe.

Atopándose vacantes prazas nas instalacións náutico-deportivas do porto de Laxe, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de amarre para embarcacións deportivas nas devanditas prazas, polo período necesario para que se cubran todas as prazas ou Portos de Galicia decida pechalo por razóns de interese portuario, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobado para os efectos, que estará á disposición dos interesados nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na avenida Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, nas oficinas de Portos de Galicia no porto de Laxe e na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com (sección solicitudes de autorización de amarres).

O prazo para a presentación de solicitudes comenzará o día 15 de outubro as 9.00 horas.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia