Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de outubro de 2012 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 290/2012, no expediente sancionador e de restitución da legalidade urbanística S-2010/031-P e S-2010/038-P (acumulados), ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 290/2012, interposto por Antonio Outón García, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente sancionador e de restitución da legalidade urbanística número S-2010/031-P e S-2010/038-P (acumulados), pola que se acorda impoñer unha sanción por infracción urbanística grave, como responsable das obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Cabicastro, parroquia de Adina, Concello de Sanxenxo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Mercedes Muñoz Jaureguialzo para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística