Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012, da Presidencia do ente público Portos de Galicia, pola que se prorroga o prazo de información pública da delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee.

O ente público Portos de Galicia está sometendo a información pública o documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee (A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia na falta de lexislación autonómica propia. O anuncio correspondente foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 160, do 23.8.2012 e o prazo do dito período de exposición pública remata o 16.10.2012.

Tendo en conta que a delimitación da zona de servizo do porto proposta no referido documento inclúe terreos de titularidade privada que serán obxecto de expropiación, unha vez que o expediente de delimitación sexa definitivamente aprobado, esta Presidencia resolve prorrogar o prazo de información pública da delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee ata o 7.11.2012.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia