De conformidade co establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG do 13 de xuño), e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado, e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.
Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral (rúa Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (Casa do Lagar-Campus de Elviña, A Coruña e Doctor Vázquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol) ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.
Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela derivaren, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 1 de outubro de 2012
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña
Anexo I
Núm. de posto RPT: 137.
Denominación do posto: vicexerente do Campus da Coruña.
Centro: Xerencia.
Grupo: A1/A2.
Tipo de posto: singularizado.
Complemento de destino: 28.
Complemento específico mensual: 1.667,78 €.
Forma de provisión: libre designación.
Requisitos: funcionario/a de carreira da escala de técnicos de xestión e escala de xestión con destino definitivo na Universidade da Coruña e os/as funcionarios/as de carreira do grupo A1 e A2 que pertenzan a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.
Funcións:
– Auxiliar o xerente e substituílo nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade.
– Elaborar propostas para a mellora dos procedementos administrativos e de xestión.
– Asistir a comisións e mesas relacionadas coa área de traballo.
– Asesorar as administracións dos centros da Universidade en aspectos administrativos e de xestión.
– Facer o seguimento dos expedientes administrativos competencia da Xerencia en calquera área.
– Calquera outra que lle sexa atribuída polo superior xerárquico.
Anexo II
Apelidos |
Nome |
NIF |
|||||
Data de nacemento |
Corpo ou escala |
Grupo |
Nº de rexistro persoal |
||||
Enderezo |
Localidade |
Provincia |
|||||
Teléfono fixo |
Teléfono móbil |
Enderezo electrónico |
|||||
Posto que solicita |
|||||||
Destino actual |
|||||||
Departamento |
Organismo |
Localidade |
Solicito: ser admitido/a ao concurso convocado por Resolución da Universidade da Coruña do 1 de outubro de 2012, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.
A Coruña, _________ de_______________________ de 2012
(Sinatura do/da solicitante)
Reitor da Universidade da Coruña