Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39143

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2502/2009).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dá fe e certifica que no recurso de suplicación número 2502/2009-CG, seguido por instancia de Óscar Martins Moure contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ministerio de Defensa, Luis Kaifer Olondo, Luis Kaifer, S.L. sobre xubilación, se ditou sentenza con data do 14 de setembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado por Óscar Martins Moure contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, con data do 30 de decembro de 2008, nos autos nº 232/2008, seguidos por instancia daquel fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Ministerio de Defensa e as empresas Luis Kaifer Olondo e Luis Kaifer, S.L., e confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación, co fin de que sirva de notificación en forma a Luis Kaifer Olondo e Luis Kaifer, S.L., con último domicilio coñecido na rúa García Barbón, 37, baixo e na rúa Isaac Peral, 5-7, ambas de Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de setembro de 2012

A secretaria xudicial