Publicadas mediante a Resolución do 27 de agosto de 2012 (DOG nº 168, do 4 de setembro) as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos vacantes da escala superior e da escala técnica de estatísticos da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012, e transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, unha vez examinadas estas, esta dirección xeral
RESOLVE:
Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da escala do corpo superior e da escala técnica de estatísticos da Administración da Xunta de Galicia.
Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.
A lista de solicitantes admitidos encóntrase á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Izquierdo |
Valverde |
María |
44466591-R |
Cód. causa |
Causa exclusión |
13 |
Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo |