Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39136

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de outubro de 2012 pola que se acepta a renuncia presentada por unha das aspirantes incluída na relación de persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011, e se designa unha nova aspirante no seu lugar.

Pola Resolución do 15 de maio de 2012 (DOG número 102, do 30 de maio) deuse publicidade á relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo).

Unha vez presentada a renuncia con data do 21 de setembro de 2012 por unha das aspirantes incluída na dita resolución, e de acordo co previsto na base II.2 da orde de convocatoria do proceso selectivo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola aspirante Ana Lestido Reboiras, NIF 44835595Q, ao proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo).

Segundo. Declarar que superou o dito proceso selectivo a aspirante Patricia García Sánchez, NIF número 53546198J, de acordo coa relación complementaria elaborada para tal efecto polo tribunal cualificador do proceso ao abeiro do previsto na base II.2 da orde referida, cunha puntuación total de 21,42.

Terceiro. Abrir o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, para que a dita aspirante presente a documentación exixida nas letras a), b), e c) da base IV.2 da orde de convocatoria.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda