Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT enlace subestación A Fonsagrada coa LMT A Fonsagrada 2, no concello da Fonsagrada (expediente 004/2012 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT enlace subestación A Fonsagrada coa LMT A Fonsagrada 2.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro 4, Lugo.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. LMT soterrada da Fonsagrada a 20 kV, cunha lonxitude de 120 m, con orixe na cela da liña existente na subestación da Fonsagrada, en condutor RHZ 150 mm2 e remate no paso aéreo-soterrado no apoio metálico proxectado P1.

2. LMT aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.317 m, con orixe no apoio proxectado P1, en condutor LA-110 e remate no apoio metálico proxectado P12, sobre apoios metálicos (12).

3. LMT soterrada da Fonsagrada sur a 20 kV, cunha lonxitude de 120 m, con orixe na cela de liña existente na subestación, en condutor RHZ 150 mm2 e remate no paso aéreo-soterrado no apoio metálico proxectado P1.

4. LMT aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.317 m, con orixe no apoio proxectado P1, en condutor LA-110 e remate no apoio metálico proxectado P12, sobre apoios metálicos (12).

5. LMT soterrada de Meira a 20 kV, cunha lonxitude de 50 m, con orixe na cela de liña existente na subestación, en condutor RHZ 150 mm2 e remate no paso aéreo-soterrado no apoio metálico proxectado P1.

6. LMT aérea de Meira a 20 kV, cunha lonxitude de 256 m, con orixe no apoio proxectado P1, en condutor LA-110 e remate no apoio metálico proxectado P4, sobre apoios metálicos (4).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que coiden oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puider realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: A Fonsagrada.

Provincia: Lugo.

Saídas LMT a sub. A Fonsagrada, enlace coa Fonsagrada 2.

LMT da Fonsagrada e LMT da Fonsagrada sur.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos-Enderezo

Apoio

Afeccións


predio

Polg.

Parc.

m2

ml. aér.

m2 aér.

1

221

4

Monte San Mamede

Monte baixo e prado

MVMC de San Mamede, exp. 3/82

San Mamede-Vieiro, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

1, 2

5,20

169,0

2.822,11

2

276

17

Monte Quintás

Monte baixo e prado

Hros. de Braulio Regueiro Fernández e outros

San Mamede-Vieiro nº 1, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

3, 4

5,57

248,0

4.673,71

4

277

107

Monte San Mamede

Monte baixo e prado

MVMC de San Mamede, exp. 3/82

San Mamede-Vieiro, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

5

1,96

171,0

3.132,16

5

227

205

Monte do Carballo

Monte baixo

Hros. de Braulio Regueiro Fernández e outros San Mamede-Vieiro nº 1, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

6, 7, 8

5,88

298,0

5.245,19

6

277

2

Seara Carballal

Prado

Manuel Arias Cancio

Vieiro nº 3, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

62,0

1.173,14

7

228

34

Teso Carradoiro

Monte baixo e prado

Eduardo Fernández López

Vieiro nº 4, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

9, 11

3,38

260,0

4.029,46

8

228

158

Monte San Mamede

Monte baixo

MVMC de San Mamede, exp. 3/82

San Mamede-Vieiro, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

10

1,69

27,0

1.010,31

9

228

163

Monte do Naval

Prado

Carmen Arias López e outros

Rúa Alexandre Bóveda nº 47-2º, 27003 Lugo (Lugo)

12

3,61

42,0

  841,61

LMT de Meira.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos-Enderezo

Apoio

Afeccións


predio

Polg.

Parc.

m2

ml. aér.

m2 aér.

1

221

4

De San Mamede

Prado, monte baixo e monte alto

MVMC de San Mamede, exp. 3/82

San Mamede-Vieiro, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

2

1,44

99

1.663,33

2

276

17

Monte Quintás

Prado, monte alto e monte baixo

Hros. de Braulio Regueiro Fernández e outros

San Mamede-Vieiro, nº 1, 27116 A Fonsagrada (Lugo)

3 (1/2), 4

4,47

128

2.047,90