Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica modificación nº 1 LMT, CT e RBT A Lama-A Silva, no concello de Sarria (expediente 006/2009 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro de 1997, núm. 285) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE do 27 de decembro de 2000, núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: modificación nº 1 LMT, CT e RBT A Lama-A Silva.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle-Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, ao CT proxectado A Silva, cunha lonxitude de 222 m, con orixe no apoio de formigón existente da LMT Sarria-Balmao, nº 0 no proxecto, en condutor LA 56 e remate no apoio proxectado nº 2, sobre apoios de formigón (3).

2. Liña de media tensión aérea ao CT intemperie Santo Antolín, a 20 kV, cunha lonxitude de 14 m, con orixe no apoio de formigón existente da LMT Sarria-Balmao, nº 0 no proxecto, en condutor LA 56 e remate no CTI Santo Antolín, sobre apoios de formigón (2).

3. Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, ao CT proxectado A Silva, en condutor RHZ, cunha lonxitude de 612 m, con orixe no paso aéreo-soterrado no apoio de formigón nº 2 (proxectado) e remate no CT fin de liña rural proxectado A Silva.

4. CT prefabricado remate de liña rural A Silva, 160 kVA, 20.000/400-230 V.

5. CT intemperie Santo Antolín, 160 kVA, 20.000/400-230 V, sobre apoio de formigón.

6. LBT soterrada do CT remate de liña rural A Silva, cunha lonxitude de 73 m, en condutor XZ1, con orixe no CT remate de liña rural A Silva e final na RBTA do CT fin de liña rural A Silva.

7. RBT aérea do CT fin de liña rural A Silva, cunha lonxitude de 928 m, en condutor RZ, con orixe na conexión coas LBTS de CT fin de liña rural A Silva, sobre apoios de formigón (14).

8. LBT aérea do CT Santo Antolín, cunha lonxitude de 47 m, en condutor RZ, sobre apoios de formigón (1).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE do 17 de decembro de 1954, núm. 351).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que coiden oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE do 20 de xuño de 1957, núm. 160).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, cando, tentada a notificación, non se puider realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Referencia catastral

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér

4

9

63

Leira

Prado

– Isabel López Leira

Angelo Colocci, nº 19, 3º B, 27003 Lugo

25.0

256.0