Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Santa Comba e A Baña (expediente IN407A 2012/111).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: LMT, CT e RBT A Ermida.

Situación: concellos de Santa Comba e A Baña.

Características técnicas:

– Reforma do centro de transformación Ser (expte. 27.949) mediante o acondicionamento da caseta existente e desistalación da aparellaxe actual e instalación de tres celas de liña e unha de protección de transformador con illamento en SF6, así como apertura da LMT existente derivación a CT Ser (expte. IN407A 1999/287) con entrada e saída no CT Ser mediante a instalación de dous pasos aéreo-soterrados no apoio nº 7 existente, baixo tubo con 40 m de condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al.

– Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 992 m, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x95) mm2 Al, con orixe no centro de transformación Ser (expte. 27.949), e final no paso aéreo-soterrado onde se conecta co CTI A Ermida proxectado.

– Centro de transformación intemperie (CTI) A Ermida, sobre apoio de formigón tipo HV 16/1300 que substitúe o existente, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV, situado no lugar da Ermida (coordenadas UTM X: 517.442, Y: 4.761.149).

– Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 25 metros, en condutor RV 0,6/1 kV 3x(1x95) Al, composta por dous circuítos con orixe no CTI A Ermida que se conectará coa rede de baixa tensión existente (expte. IN407A 2005/437) en pasos aéreo-soterrados que se van instalar no apoio nº 28 existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña