Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38848

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a inclusión nas listas elaboradas de conformidade con este decreto, que se atopan en xestión, e unha vez que a Comisión Permanente Central acordou, na súa xuntanza do día 21 de setembro do presente ano, elevar a este centro directivo as listaxes correspondentes, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

Segundo. As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

– Documentación que emende a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo III a esta resolución, que deberá ser expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretaria/o xeral, subdirector/a xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefes territoriais ou, se é o caso, funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en municipios ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría ou en categorías análogas ou asimilables ás do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, segundo modelo que figura como anexo IV á presente resolución, que deberá ser expedida pola/o secretaria/o do Concello.

No suposto de que algún dos excluídos das citadas listas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes provisionalmente admitidos ou excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe de listas de contratacion temporal.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselle a oportuna publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/

escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

206M

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

2060

Corpo superior de administración da Xunta de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de biólogos/as

A1

2069

Escala de químicos/as

A1

2072

Escala de arqueólogos/as

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo

A2

2051

Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas

A2

2085

Escala técnica de estatística

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e produción

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia

C1

2081

Escala de delineantes

C2

2054

Escala de axentes forestais

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia

2055

Agrupación profesional

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

004

Titulado/a superior

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior)

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

006

Educador/a, profesor/a especial

II

007

Titulado/a grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

011

Fisioterapeuta

II

017

Asistente social

II

020

Terapeuta ocupacional

II

021

Monitor/a ocupacional

II

031

Restaurador/a

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira

III

078

Subgobernante/a

III

090

Animador/a sociocultural

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

009

Oficial 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

022

Oficial/a 2ª en reprografía

IV

031

Legoeiro/a

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de Prevención
e Defensa Contra Incendios Forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais

ANEXO III
Certificación de servizos prestados

(Resolución do , DOG nº , do de de 201 )

Dª/D. (Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo             CERTIFICA

Que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da cal se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don , con DNI nº , prestou servizos no corpo, escala, grupo e categoría e nos períodos e consellerías e/ou organismos autónomos da Xunta de Galicia que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Corpo/

escala

(código)

Denominación

do posto

Consellería ou organismo autónomo da Xunta de Galicia

Código de posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana (si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en ,    de de 201 .

(SINATURA)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2011.

– É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO IV
Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia

(Resolución do , DOG nº , do de de 201 )

Dª/D. (Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Secretario do concello de             CERTIFICA

Que segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios, dona/don                                                                                                    ,
con DNI nº , prestou servizos neste concello ou mancomunidade de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Denominación

do posto

Concello
ou mancomunidade
de municipios

Código de posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana (si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en ,    de de 201 .

(SINATURA)

Visto e prace:                       O/A secretario/a

O/A alcalde/sa

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2011.

– É moi importante que, no caso de postos descontinuos ou de fin de semana, se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.