Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38816

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2012.

A Resolución do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para desenvolver accións de formación laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que contribúan a incrementar a participación das persoas inmigrantes e retornadas no mundo laboral na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia, do 28 de xuño de 2012, establece, no artigo 12.1 do anexo I, que a acción subvencionada deberá ser executada e xustificada antes do 30 de outubro de 2012.

O elevado número de solicitudes recibidas, así como a necesidade de realizar requirimentos de emenda de documentación, e os prazos establecidos para emendalas, fixeron que non fora posible resolver a convocatoria coa antelación necesaria para que as entidades beneficiarias poidan desenvolver axeitadamente as accións formativas subvencionadas dentro do prazo establecido no artigo 12.1 do anexo I, sendo necesario amplialo para que as ditas accións poidan alcanzar os seus obxectivos de integración sociolaboral.

En virtude do exposto anteriormente, e en uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e a disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, que desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o prazo de execución e xustificación da acción subvencionada ata o 16 de novembro de 2012, incluído.

Disposición derradeira

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración