Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2012 Páx. 38818

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 814/2012 interposto por Xosé Manuel Romarís Pais.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 814/2011, interposto por Xosé Manuel Romarís Pais contra a Resolución do 5 de agosto de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a modificación da RPT da Consellería do Mar (DOG nº 155, do 12 de agosto de 2011).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública