Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre licenza para construción de instalacións de explotación de cría de polos campeiros.

Francisco José Fernández García solicita desta alcaldía licenza municipal para proxecto de construción de instalacións para explotación de cría de polos campeiros ecolóxicos, en Fontefría, A Torre. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Taboada, 18 de setembro de 2012

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde