Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre a legalización de taller de reparación de vehículos automóbiles en Cornado (San Fins de Sales).

Talleres San Fins, S.L. solicitou desta alcaldía licenza de actividade de taller de reparación de vehículos automóbiles (legalización), no lugar de Cornado da parroquia de San Fins de Sales (Vedra).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOG nº 126, do 1 de xullo), sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia de A Coruña, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente estará á disposición dos interesados, no Departamento de Urbanismo, os luns, mércores e xoves das 8.30 ás 14.30 horas.

Vedra, 6 de setembro de 2012

Mª Jesús Piñeiro Caldelas
Alcaldesa accidental