Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (expediente LAP/279/2012).

Talleres Cecastar Automoción, S.L. (en constitución) solicitou licenza de apertura para taller de reparación de vehículos en Vía Edison 33, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/279/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

P.D. (Xunta de Goberno Local 15.7.2011)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo