Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre o inicio de actividade de carpintaría de madeira e exposición de venda de mobles en Bidueda.

Carpintería Yáñez Hermida, S.L. solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de carpintaría de madeira e exposición e venda de mobles que se vai desenvolver no interior dunha nave existente, nun espazo que vai ser acondicionado para tal efecto, da superficie construída de 699,86 m², sita no lugar coñecido como Bidueda, nº 14, na parroquia de San Sadurniño. En cumprimiento do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desnde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

San Sadurniño, 3 de setembro de 2012

Secundino García Casal
Alcalde