Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de autorización previa para a construción en solo rústico da ampliación do cemiterio de San Sadurniño de Goiáns.

Neste concello presentouse solicitude de autorización previa para a construción en solo rústico por Gabriel Nión Patiño, en representación do Arcebispado de Santiago de Compostela, do anteproxecto para a ampliación do cemiterio de San Sadurniño de Goiáns, polo que, de conformidade co artigo 41 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e coa Circular 2/2003, do 31 de xullo, se somete á información pública polo prazo de vinte días para os efectos de posibles reclamacións, podendo ser examinado o expediente nas oficinas municipais.

Emprazamento: lugar de San Sadurniño, parroquia de Goiáns. Porto do Son.

Uso solicitado: ampliación de cemiterio.

Porto do Son, 5 de setembro de 2012

José Luis Oujo Pouso
Alcalde