Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do cemiterio parroquial de San Sadurniño de Goiáns.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Actividade: ampliación do cemiterio parroquial de San Sadurniño de Goiáns.

Situación: lugar de San Sadurniño, parroquia de Goiáns. Porto do Son (A Coruña).

Solicitante: Arcebispado de Santiago, representado por Gabriel Nión Patiño.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e a exposición pública no taboleiro de edictos do concello; comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Porto do Son, 5 de setembro de 2012

José Luis Oujo Pouso
Alcalde