Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para a actividade de reconstrución e reforma dunha granxa avícola.

Celia Recioy Villar solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de reconstrución e reforma da granxa avícola que se situará en Pazos-Olives (A Estrada); e cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a computar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia–, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Estrada, 3 de agosto de 2012

Juan M. Constenla Carbón
Alcalde en funcións