Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2012/64-2, 8033 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CT Cerámicas Gayoso.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio metálico existente da LMT Muras II e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo LA-56.

– CTI Cerámicas Gayoso sobre apoio metálico, cunha potencia proxectada de 160 kVA, unha potencia inicial de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Adecuación das RBT do actual CTC Cerámicas Gayoso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo