Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Muras (expediente IN407A 2012/63-2, 8032 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CR 09570 INT Ferroplast.

Situación: concello de Muras.

Características técnicas:

• Adecuación do centro de repartición existente CR 09570 Ferroplast no interior de edificio non prefabricado, consistente na desmontaxe da actual aparellaxe, na adecuación do local, pintado, tapado de ocos innecesarios e na instalación de tres celas de liña motorizadas, unha de protección de trafo de servizos auxiliares de 650 VA, instalación dunha nova rede de iluminación e nova rede de terras interiores.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo