Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/69-2, 8038 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS, CT avenida Lugo 3 (T).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña CHA804 o CT proxectado entre o CT r/ Taboada Chantada (27CH68) e o CT Alférez Provisional (27CO45), cunha lonxitude de 14 metros, en condutor RHZ1-240.

CT na rúa Alférez Provisional en edificio non prefabricado compacto de manobra exterior, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo