Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2012/66-2, 8035 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: cambio de condutor tramo P58-P1 da LMTA Mosteiro.

Situación: concello de Castro de Rei

Características técnicas:

LMTA a 20 kV, con orixe no apoio P58 da LMT Mosteiro (derivación CT Mondriz) e final no apoio P1 (LMT peche anel LMT Mosteiro-LMT Cospeito), cunha lonxitude de 554 metros en condutor tipo LA-110 tensado sobre un apoio metálico e tres apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo