Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2012 Páx. 38750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 78/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS a CT urbanización rúa Manzanares 124 e novo CT Fontán.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,065 km, coa orixe na LMTS subestación Palmeira-Ribeira (expediente 608/07), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3, (1x240 Al), e final en cela de liña para instalar no novo CT Fontán tras realizar entrada e saída no CT proxectado Urbanización rúa Manzanares, nº 124.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Fontán liña Cero, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, coa orixe en punto de acceso para intercalar na LMT subterránea Palmeira-Fontán (expediente 539/00), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3, (1x240 Al), e final en cela de liña para instalar no novo CT Fontán.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Ribeira PMR-801, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, con orixe en punto de acceso para intercalar na LMT subterránea PMR-801 do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3, (1x240 Al), e final en cela de liña para instalar no novo CT Fontán.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Ribeira PMR-802C, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,057 km, coa orixe en punto de acceso para intercalar na LMT subterránea PMR-802C do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3, (1x240 Al), e final en cela de liña para instalar no novo CT Fontán.

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Palmeira-Padín-Fontán PMR-803, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, coa orixe en punto de acceso para intercalar na LMT subterránea PMR-803 do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3, (1x240 Al), e final en cela de liña para instalar no novo CT Fontán, tras realizar entrada e saída en CT Conresa (expediente 78/04).

Adecuación liña eléctrica de media tensión subterránea Fontán-Aguiño PMR-803, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, coa orixe en punto de acceso para intercalar na LMT subterránea PMR-803 (circuíto a Aguiño) do proxecto reordenación de circuítos en CR Fontán (expediente 43/09), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3, (1x240 Al), e final en cela de liña para instalar no novo CT Fontán.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Novo centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña